Nesta páxina puxemos o noso maior entusiasmo, porque, ¿Qué sería a vida sin historia?, sin esos recordos, gracias ós cales agora somos o que somos . Ante todo esta páxina é en agradecemento a todos aqueles que fixerón posible que a nosa historia sexa esta e non outra.  

A historia da nosa empresa, como a de casi todalas empresas familiares, empezou cun emprendedor, José Meijide Blanco que no ano 1924 pai do actual propietario decide empezar no sector do transporte de viaxeiros cun Ford de 8 prazas, despois compaxina este servicio co transporte de mercancías cun camión Dodge Brothers adquirido no 1933.  

Dodge Carnero adquirido no 1954

Adolfo Meijide xunto o Dennis

No ano 1936 compra o primeiro autocar novo, un Dodge de 27 prazas o cal decomisarón o iniciarse a Guerra Civil e utilizárono para transporte de tropas durante os 3 anos que durou o enfrentamento armado.

O finalizar a contenda José Meijide realiza tamén o servicio de taxi no concello de Agolada con un turismo da marca Esses.

 No ano 1948 compra un Daimont de 28 prazas dedicándoo a ferias, festas e mercados. En 1954 adquire un novo Dodge de 30 prazas modelo Carnero no que o seu fillo Adolfo, en primeiro lugar empeza como revisor e mais tarde como conductor.

En 1960, Adolfo Meijide Otero faise cargo da empresa e o ano seguinte o seu primeiro autocar da marca inglesa Dennis, empezou a realiza-los servicios semanales de Agolada a Bilbao, servicio que realizou a empresa durante 15 anos. No 1965 foi carrozado en Porriño un autocar da Marca Barreiros AEC que se dedicou o servicio discrecional.

 

Autobús AEC comprado no 1968

 

Autocares Setra 215 HD adquiridos a finais dos 80

Nese mesmo ano a empresa desarrolla o servicio de transporte escolar no colexio de Agolada e dous anos máis tarde tamén se ocupa dos colexios de Rodeiro e Lalín, invirtiéndose para elo en novos autocares, e iniciándose o despegue da empresa.

A estructura xurídica da empresa pasou de ser unha persoa física a unha Sociedade Limitada en 1990 con dous socios: Adolfo Meijide Otero e a sua dona, Mª Carmen Gómez Santorum, mantendo a sua filosofía de empresa familiar. Autocares Meijide S.L. se constituiuse cun capital social inicial de 175.000 euros.  

En 1998 o menor dos tres fillos de Adolfo e Mª del Carmen, o cal leva o mesmo nome, Adolfo Meijide Gómez, incorporase a dirección da empresa.

Autobús comprado no 1992